Wednesday 15 de May de 2024

O Belén de Cumes do Concello de Lousame terá lugar o 20 de decembro, cunha ruta de sendeirismo por San Xoán de Lousame


As inscricións poden facerse ata o mesmo 20 de decembro en lousamedeportes@gmail.com ou na Oficina de Deportes de Lousame

O Concello de Lousame recupera este ano o tradicional Belén de Cumes, que en 2013 non puido celebrarse por mor dunhas inclemencias meteorolóxicas que xa ensombreceron a edición de 2012. A iniciativa terá lugar o próximo sábado 20 de decembro, de 10:30 a 13:00 horas, e ruta escollida este ano transcorre ao longo de seis quilómetros pola parroquia de San Xoán de Lousame.

Os veciños e veciñas que desexen participar nesta iniciativa poden anotarse no mail lousamedeportes@gmail.com, no teléfono 646 069 265 ou dirixíndose á Oficina de Deportes do Concello de Lousame. A expedición sairá da praza Teodomiro Hidalgo (praza do Concello) ás 10:30 horas e ao remate haberá unha degustación de chocolate quente amenizado con panxoliñas de Nadal.